Saturday 04 de May de 2024

A Casa do Mar de Camelle pasar a ser de titularidade municipal


● Trala solicitude do Concello, o Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones vén de aprobar a adscrición da primeira planta do edificio a favor da administración local.

● O goberno local comezará agora a acondicionar a Casa do Mar para poñela ao servizo da veciñanza.

O Concello de Camariñas recibiu a notificación do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones de que aproba a súa solicitude para a adscrición da primeira planta da Casa do Mar de Camelle a favor da administración local por un plazo de 20 anos.

O goberno local ten o obxectivo de, pouco a pouco, acondicionar este espazo e convertelo nunha zona de ocio, respondendo así a unha antiga demanda dos veciños e veciñas desta parroquia. A Casa do Mar de Camelle, que no seu día foi moi utilizada para realizar cursos de pescadores, actividades ou obras de teatro, atópase agora en estado ruinoso tras máis dunha década de abandono.

“Agora que conseguimos a cesión, a nosa intención é ir rehabilitando o inmoble pouco a pouco para poder facer uso del e que a veciñanza de Camelle teña un espazo en condicións para poder facer actividades, cursos… xa que a casa de Man está quedándose pequena e Camelle é unha das parroquias onde os nenos e nenas máis participan nas actividades que organiza o Concello”, explica Sandra Insua.